#########################################################
ESTE DOCUMENTO É DE TRABALLO
NON O DIFUNDIR POR REDES PÚBLICAS!!!
podes partillalo SÓ POR MENSAXE DIRECTO (DM), E-MAIL OU TELEGRAM/WhatsApp
Breve guía para lanzar campañas en Twitter: http://bit.ly/TwitterParaActivistas
Kit de ferramentas para Twitter: http://bit.ly/elkitdelatuitera ###########################################################
Día: 28 de abril de 2023
Hora: 11:00 am (NUNCA ANTES!)
Hashtag:#ESSunhacuestiondetransparencia
############################################################
OBXECTIVOS:
Con esta primeira fase de lanzamento de recollida de datos queremos:
- Informar ás entidades do inicio da campaña para “Ensina o corazón”, facendo Auditoría/Balance social, avaliando así o seu impacto social e ambiental.
- Poñer énfase nos beneficios para as organizacións que realizan o proceso, tanto a nivel colectivo, de incidencia política e social, como a título individual, como entidades da ESS.
- Ampliar o coñecemento do Balance ou Auditoría Social, entre entidades, empresas e entre o público en xeral, como ferramenta para demostrar a excelencia no ámbito da ESS.
IDEAS FORZA:
Este ano queremos poñer énfase no feito de que a Auditoría/Balance Social é unha cuestión de transparencia da que, ademais, somos referentes no mundo empresarial con vontade transformadora. Facendo Auditoría/Balance Social estamos facendo un exercicio de transparencia chave para poder ofrecer información sobre a nosa organización, o que é fundamental para xerar confianza no noso público.
Así mesmo, a transparencia é un indicador fundamental da calidade das organizacións e empresas das ESS.
Por se che quedan dúbidas… recollemos algúns beneficios de facer a Auditoría/Balance Social:
• Visibilización conxunta do movenento de Economía Social e Solidaria: Para ter unha foto colectiva dos aportes da Economía Solidaria precisamos ter datos e poñelos em común, única forma de amosar o modelo económico alternativo que conxuntamente formamos.
• Incidencia política e social: Trátase, ademais, dunha práctica esencial para dar visibilidade do Mercado Social, como tamén unha ferramenta chave para lograr o recoñecemento de administracións e cidadanía.
• Ferramenta de utilidade para entidades: Os informes individuais que ofrecen as entidades son de grande axuda para a súa autoavaliación e mellora continua, así como a nivel de certificacións e comunicación externa das súas prácticas e valores.
Etiquetas secundarias:
#EnsinaOCorazón
Contas a etiquetar:
@Reas_red e Redes territoriais e sectoriais de REAS RdR así como os Mercados Sociais territoriais.
Recursos:
- Mailchimp
- Cabecera twitter
- Cabecera Fb
- Cuadrada (instagram, redes y telegram)
- Vertical instagram (y telegram también si se prefiere este formato)
• Imaxes de campaña:
• Web de referencia: https://reas.red/auditoria-balance-social/
• Plataforma para facer a auditoría: https://ensenaelcorazon.org/
• Noticia lanzamento campaña: XXXX
MENSAXES DE DIFUSIÓN
– SMS para WhatsAApp e Telegram para quentar motores:
Mañá teremos sesión de limpeza!
Como cada primavera, as empresas transformadoras da ESS temos a oportunidade de coñecer as nosas boas prácticas e poder difundilas para diferenciarnos de tanto green-pink-social washing.
Volta a campaña anual de Auditoría/Balance Social e queremos dicirllo a toda a rede; porque é unha ocasión única para demostrar que realmente somos sociais, sostibles e solidarias.
Mañá 28 de abril ás 11h (NUNCA ANTES) lanzaremos campaña para difundilo. Contamos contigo. #ESSunhacuestiondetransparencia
Deixámosche aquí o pad da campaña: https://reasnet.com/intranet/docs/essunacuestiondetrasparencia/
Preparadas, listas… flu-flu!
– MS para WhatsAApp e Telegram para facer balance social a contactos:
As empresas con vontade transformadora podemos, grazas á Auditoría/Balance Social, comunicar o que somos, poñer en valor as nosas prácticas económicas sociais, sostibles e solidarias así como mellorar os nosos resultados e impacto social e económico que representa a 300.000 persoas e cuxo exercicio de transparencia é un referente empresarial.
#ESSunhacuestiondetransparencia. Comeza a campaña de Auditoría/Balance Social!https://ensenaelcorazon.org/
Move, comparte, difunde!
(MANDAR XUNTO A IMAXE DE CAMPAÑA)
_ Para Facebook e Instagram:
As empresas transformadoras da ESS temos a oportunidade de coñecer as nosas boas prácticas e poder difundilas para diferenciarnos de tanto green-pink-social washing. Volve, como cada primavera, a campaña anual de Auditoría/Balance Social, unha ocasión única para demostrar que realmente somos sociais, sostibles e solidarias. ESS, unha cuestión de transparencia!
#ESSunhacuestiondetransparencia #EnsinaOCorazón
(IMAXE DE CAMPAÑA)
_ Para Twitter:
- As empresas transformadoras da ESS temos a oportunidade de coñecer as nosas boas prácticas e poder difundilas para diferenciarnos de tanto green-pink-social washing. Volve, como cada primavera, a campaña anual de Auditoría/Balance Social, unha ocasión única para demostrar o que somos: ESS, unha cuestión de transparencia! #ESSunhacuestiondetransparencia (Imaxe)
- Queres ofrecer información sobre a túa organización para xerar confianza no teu público e entorno? Fai Auditoría/Balance Social e demostra os teus valores sociais, sostibles e solidarios! #ESSunhacuestiondetransparencia
- A transparencia é un indicador fundamental da calidade das organizacións e empresas da ESS somos referentes grazas á Auditoría/Balance Social. Como cada primavera, volve a campaña para ensinar o corazón! #ESSunhacuestiondetransparencia
- Para mellorar o noso funcionamento interno e impacto social e ambiental debemos avaliar as nosas prácticas: ESS, unha cuestión de transparencia! Como cada primavera, chega a campaña para ensinar o corazón, é o teu momento! #ESSunhacuestiondetransparencia
- Facemos Auditoría/Balance Social porque #ESSunhacuestiondetransparencia Pero, ademais, é un acto de identidade e visibilidade, que nos permite transmitir o que somos: parte dun movemento económico social, sostible e solidario.
- Facemos Auditoría/Balance Social porque #ESSunhacuestiondetransparencia
Pero, ademais, é un acto de reafirmación e coherencia cos nosos valores sociais e solidarios, que nos permite presentarnos ante administracións e a cidadanía e diferenciarnos doutras empresas - Facemos Auditoría/Balance Social porque #ESSunhacuestiondetransparencia
Pero, ademais, é un acto de fomento do consumo responsable, unha práctica chave para que as persoas consumidoras poidan ter información para exercer o seu consumo consciente e crítico.