1.O #SeguroÉticoESS é solidariedade
Cando contratas un seguro xestionado a partir de criterios éticos tes a tranquilidade de que os teus cartos van investirse en proxectos solidarios, con responsabilidade social e ambiental, e que nunca se usarán para financiar a industria da guerra.
2.O #SeguroÉticoESS é equidade
O seguro ético sostén que todas as persoas e colectivos teñen dereito a acceder a coberturas aseguradoras, e a manter as súas particularidades e diferencias sen recibir ningún tipo de discriminación.
3.O #SeguroÉticoESS é mutualidade
O seguro ético é un instrumento colectivo ao servizo da comunidade no que as persoas se unen voluntariamente para ter acceso a uns servizos baseados na confianza e nos principios de solidariedade e axuda mutua.
4.O #SeguroÉticoESS é finanzas éticas
O seguro ético é a terceira pata do sistema integral de finanzas éticas, xunto coa banca e o crédito. Nas finanzas éticas a política de investimento baséase en criterios positivos de servizo á economía real e a proxectos que teñan impacto positivo en termos de sustentabilidade social ou ambiental. PROXECTOS CON IMPACTO SOCIAL. ECONOMÍA REAL
5.O #SeguroÉticoESS é transparencia
O seguro ético baséase nun contrato entre iguais sen abusos nen cláusulas inxustas, discriminatorias, abusivas ou ambiguas. SEN CLÁUSULAS OCULTAS
6.O #SeguroÉticoESS é mercado social
Os seguros éticos son unha opción de consumo responsábel e fortalecen o mercado social, cuxo obxectivo é fomentar unha produción e un consumo xustos, ecolóxicos, sociais e solidarios, e baseados nos principios da economía solidaria.
7.O #SeguroÉticoESS é investimento ético e socialmente responsábel
Cando contratas un seguro ético tes a certeza de que os cartos que investirán as compañías ou aseguradoras seguirán uns criterios éticos e non unicamente de crecemento financeiro, tales como factores ambientais, sociais e de bo goberno. Investimento ético e socialmente responsábel
8.O #SeguroÉticoESS é responsabilidade social
O seguro ético forma parte dunha cultura empresarial que nunca esquece que se debe traballar en beneficio do conxunto da sociedade e evitar calquera actividade que poña en risco este fin.
9.O #SeguroÉticoESS é vinculación coa comunidade e co territorio
As entidades de seguros éticos participan en redes ou colaboran con entidades do territorio, fomentan a economía local ou de proximidade e coidan especialmente da cultura local.
10.O #SeguroÉticoESS é sustentabilidade social e ambiental
O seguro ético é un instrumento que entende a sustentabilidade desde unha mirada ampla, e que comprende que o coidado dos ecosistemas e do planeta debe ir da man da solidariedade e da erradicación das desigualdades.
11.O #SeguroÉticoESS é traballo digno
Cando contratas un seguro ético sabes que as compañías aseguradoras dispoñen de políticas salariais, de igualdade e de inserción, e fomentan a formación, a conciliación e as condicións de traballo dignas para as súas traballadoras.
12.O #SeguroÉticoESS é democracia
As compañías e aseguradoras que hai detrás do seguro ético deben rexerse cos principios da economía social e solidaria, teñen que demostrar un equilibrio dos seus grupos de interese e a relación laboral debe coincidir coa participación.
Discusión (0)
No hay comentarios para este documento aún.