| Actualmente estás viendo una revisión titulada «Campaña #SeguroÉticoESS (Galego)», guardado en el 19 enero, 2026 a las 15:18 por Seryes | |
|---|---|
| Título | Campaña #SeguroÉticoESS (Galego) |
| Contenido | 1.O #SeguroÉticoESS é solidariedadeCando contratas un seguro xestionado a partir de criterios éticos tes a tranquilidade de que os teus cartos van investirse en proxectos solidarios, con responsabilidade social e ambiental, e que nunca se usarán para financiar a industria da guerra.2.O #SeguroÉticoESS é equidadeO seguro ético sostén que todas as persoas e colectivos teñen dereito a acceder a coberturas aseguradoras, e a manter as súas particularidades e diferencias sen recibir ningún tipo de discriminación.3.O #SeguroÉticoESS é mutualidadeO seguro ético é un instrumento colectivo ao servizo da comunidade no que as persoas se unen voluntariamente para ter acceso a uns servizos baseados na confianza e nos principios de solidariedade e axuda mutua.4.O #SeguroÉticoESS é finanzas éticasO seguro ético é a terceira pata do sistema integral de finanzas éticas, xunto coa banca e o crédito. Nas finanzas éticas a política de investimento baséase en criterios positivos de servizo á economía real e a proxectos que teñan impacto positivo en termos de sustentabilidade social ou ambiental. PROXECTOS CON IMPACTO SOCIAL. ECONOMÍA REAL5.O #SeguroÉticoESS é transparenciaO seguro ético baséase nun contrato entre iguais sen abusos nen cláusulas inxustas, discriminatorias, abusivas ou ambiguas. SEN CLÁUSULAS OCULTAS6.O #SeguroÉticoESS é mercado socialOs seguros éticos son unha opción de consumo responsábel e fortalecen o mercado social, cuxo obxectivo é fomentar unha produción e un consumo xustos, ecolóxicos, sociais e solidarios, e baseados nos principios da economía solidaria.7.O #SeguroÉticoESS é investimento ético e socialmente responsábelCando contratas un seguro ético tes a certeza de que os cartos que investirán as compañías ou aseguradoras seguirán uns criterios éticos e non unicamente de crecemento financeiro, tales como factores ambientais, sociais e de bo goberno. Investimento ético e socialmente responsábel8.O #SeguroÉticoESS é responsabilidade socialO seguro ético forma parte dunha cultura empresarial que nunca esquece que se debe traballar en beneficio do conxunto da sociedade e evitar calquera actividade que poña en risco este fin.9.O #SeguroÉticoESS é vinculación coa comunidade e co territorioAs entidades de seguros éticos participan en redes ou colaboran con entidades do territorio, fomentan a economía local ou de proximidade e coidan especialmente da cultura local.10.O #SeguroÉticoESS é sustentabilidade social e ambientalO seguro ético é un instrumento que entende a sustentabilidade desde unha mirada ampla, e que comprende que o coidado dos ecosistemas e do planeta debe ir da man da solidariedade e da erradicación das desigualdades.11.O #SeguroÉticoESS é traballo dignoCando contratas un seguro ético sabes que as compañías aseguradoras dispoñen de políticas salariais, de igualdade e de inserción, e fomentan a formación, a conciliación e as condicións de traballo dignas para as súas traballadoras.12.O #SeguroÉticoESS é democraciaAs compañías e aseguradoras que hai detrás do seguro ético deben rexerse cos principios da economía social e solidaria, teñen que demostrar un equilibrio dos seus grupos de interese e a relación laboral debe coincidir coa participación. |
| Extracto | |
| Notas al pie de página |